Apertura do prazo de inscrición en tres cursos de Novas Tecnoloxías que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia

Versión para impresoraEnviar a un amigo
laptop-5603790_1920 (1).jpg

Cada acción formativa está dirixida a un máximo de nove persoas.

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou o pasado venres a apertura do prazo de inscrición en tres accións formativas que se impartirán entre os meses de novembro e decembro na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo na plataforma Cemit, a través desta ligazón.

Os cursos que se impartirán son: Preparación para o CODIX (120 horas), do 9 de novembro ao 22 de decembro, entre as 9.30 e as 13.30 horas; Trámites en Sede Electrónica (28 horas), do 9 ao 17 de novembro, de 16.00 a 20.00 horas e Ofimática básica (92 horas), do 18 de novembro ao 22 de decembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas.

A concelleira de Formación informou que cada unha destas accións formativas se dirixe a un máximo de nove persoas, polo que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da número nove (superando a oferta) considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa e así se lle comunicaría á persoa que pasase a ocupar a praza.

O  Concello continúa sendo recoñecido como Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia) debido á elevada actividade que se desenvolve nestas instalacións ao longo do ano, tal e como recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías, que animou á veciñanza a anotarse nesta nova convocatoria formativa.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar