O Concello adheriuse á campaña “DE FRONTE” impulsada pola Deputación da Coruña con motivo do 25N

Versión para impresoraEnviar a un amigo
de fronte.jpg

Levaranse a cabo diferentes iniciativas a fin de sensibilizar á cidadanía.

O Concello de Narón adheriuse á campaña “Só hai unha forma de mirala, DE FRONTE á violencia de xénero”, impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a través da que se celebrarán varios actos con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, avanzou que nos vindeiros días o goberno local presentará as propostas que se levarán a cabo este ano na cidade con motivo do 25N, condicionadas pola actual situación sanitaria.

Gómez manifestou o compromiso do Concello naronés para sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero e continuar programando diferentes iniciativas con varios colectivos —escolares, maiores…— encamiñadas a erradicar este mal da sociedade. A todas as propostas municipais súmanse as organizadas a través da campaña DE FRONTE, que se poden consultar a través da páxina web defronte.gal.

Un concurso en redes sociais para compartir textos poéticos, conferencias online abertas, unha acción colectiva de origami en redes sociais e contacontos, tamén en aberto, forman parte desa programación deseñada pola administración provincial.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar