Campamentos de verán 2021 e uso das instalacións de Xuventude

Versión para impresoraEnviar a un amigo
campamentos_20052021_dameuntoke.png

Non te perdas as ofertas de Xuventude para este verán.

Campamento de verán

A partir de hoxe xa podedes solicitar praza en campamentos para idades de ata 17 anos. O prazo estará aberto ata o 28 de maio e como requisitos será necesario ter de 9 a 17 anos, non padecer ningúnha enfermidade contaxiosa nin sintomatoloxía compatible co COVID-19, saber nadar no caso dos campamentos que inclúan actividades de agua así como non ser admitido en máis de un campamento por ano.

Máis detalles sobre prazas de inclusión, tipos de solicitudes e descontos aplicables na páxina de xuventude:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21210-campamentos-de-veran-2021

Para a oferta de prazas seguir este enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/anexos-accion-de-veran

Uso das instalacións de Xuventude por colectivos xuvenís

No caso de pertenecer a un colectivo xuvenil podedes solicitar as instalacións de Xuventude para organizar a vosa propia actividade de verán. O prazo será tamen ata o 28 de maio e entre os servicios ofrecidos encontrase auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa, o material (excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas) e a xerencia e persoal de servizo.

Máis detalles sobre as quendas dos locales dispoñibles, tarifas e os destinatarios desta oferta na páxina de xuventude:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21211-uso-das-instalacions-de-xuventude-por-colectivos-xuvenis

As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es co procedemento BS304B.


 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar