Recursos para deixar de fumar
Se levas tempo pensando en deixar de fumar e necesitas unha man, revisa os recursos que che poñemos a túa disposición seguro que che axudan. Trátanse de recursos gratuítos en Internet e libros.
Gratuitos
- Programa terapéutico para deixar de fumar da aecc A aecc ofrece de forma gratuita aos fumadores a posibilidade de participar en cursos de deshabituación tabáquica.
- Guía para deixar de fumar da aecc. Guía da aecc que ofrece información sobre aspectos do tabaco e técnicas específicas para deixar de fumar.
- Pódese deixar de fumar. Claves para conseguirlo Guía para deixar de fumar editada polo Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Guía para deixar de fumar da Universidade de California Tratamento para deixar de fumar a través de Internet no que xa participaron máis de 100.000 persoas de 89 países.
- HELP Por unha vida sen tabaco Programa da Unión Europea. Web con información sobre o tabaco e recursos
Libros de autoaxuda
- “Dejar de fumar para dummies” . Autor: David Brizer, Ed. Granica. Guía práctica con unha ampla información sobre o tabaco, recursos para deixalo e prevención de recaídas. Fai especial mención á fertilidade e o embarazo, adolescentes, e persoas que queiran que algún ser querido deixe o tabaco.
- "Es fácil que las mujeres dejen de fumar". Autor: Allen Carr, Ed. Espasa-Calpe. Dirixido á población femenina.
- "Es fácil que tus hijos dejen de fumar". Autor: Allen Carr, Ed. Espasa-Calpe. Introdúcenos no mundo da adicción ao tabaco e a outras drogas, centrando a atención nos adolescentes. Dirixe os seus métodos tanto aos pais como aos fillos.
- "Dejar de fumar con inteligencia emocional". Autor: J.J.Arrese Pellón. Ed: Mensajero. Fai fincapé no autocontrol e a disciplina. Busca a racionalización como estratexia para abandoar o hábito.
- "Cómo dejar de fumar para reincidentes". Autor: Rom Ware Ed: El arca de papel. Dirixido á población que intentou deixar de fumar e non o conseguiu ou volveu a fumar.


Concello de Narón