Xornada de Itinerarios Didácticos de responsabilidade ambiental polo río Freixeiro

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Auga.jpg

A cita será o vindeiro sábado 7 de decembro.

A xornada de "Itinerarios didácticos sobre responsabilidade medioambiental Narón en Transición" ten como obxectivo sinalar o cambio climático coma a principal crise á que se enfronta a humanidade e concienciar sobre os hábitos de consumo e tratamento da auga, enerxía, refugallos, etc.

Tratarase dun percorrido polo río Freixeiro e os regatos urbanos da zona durante o cal desenvolveranse diferentes actividades. A saída do traxecto dará comezo ás 10:00h na caseta de Turismo do parque do Freixeiro e ten unha duración aproximada de 4 horas, tra-las cales a chegada efectuarase no mesmo lugar.

Nos 8.700 metros que dura o percorrido os asistentes recollerán mostras de auga nos distintos puntos de estudo e reflexionarán sobre o emprego que se lle está a dar aos recursos hídricos. Os contidos tratados irán dende o cambio climático ata as enerxías renovables, os métodos de abastecemento actuais e a sustentabilidade do medio rural fronte ao urbano.

A dificultade do traxecto é baixa, con poucos desniveis e paradas frecuentes durante o camiño e está dirixido a tódolos públicos. As incricións poden realizarse cubrindo e enviando nun email a info@sedega.com o formulario que adxuntamos, cun máximo de 20 prazas cubertas.

DocumentoTamaño
fichainscricio nitinerario 1.pdf109.16 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar