Escola de música moderna.

Versión para impresoraEnviar a un amigo

Que é?

Un espazo privilexiado para aprender a tocar a guitarra, a batería e o baixo dunha maneira diferente, práctica e participativa.

A Escola de Música Moderna do Concello de Narón, xurdiu no ano 2.003 ante a necesidade que tiña Narón de contar cunha escola na que mozos/ as de Narón poideran aprender a tocar a guitarra e a batería dunha maneira nova, intentando fuxir do formato clásico e academicista de ensinanza; posteriormente súmase un novo instrumento: o baixo.

Ao mesmo tempo, ante a existencia de numerosos grupos musicais que tiñan a necesidade de contar cun local onde poder ensaiar, decídese poñer á disposición destes grupos, unha aula con asesoramento musical na que poder ensaiar durante a semana.

Para quén?

Para os mozos e mozas empadroados/as en Narón, cunha idade comprendida entre os
12 e os 26 anos.

Qué se fai?

Dende a escola de música moderna promóvese a formación técnico musical da xente nova de Narón, e promóvese a música realizada por grupos novos, dándolles a oportunidade de amosar a súa exoresión musical en actuacións en centros cívico sociais, prazas públicas, etc.

Onde e cando?

Nun local anexo a Casa da Mocidade, no Camiño do Colmeote, s/n. A Gándara.

Os horarios deste curso 2009-2010 para a oferta formativa, son os seguintes:

  • Para as clases de guitarra: os luns de 17:00 a 19:00 h. ou os xoves de 17:00 a 19:00 h.
  • Para as de batería: os mércores de 16:30 a 18:30 ou de 18:30 a 20:30 h.
  • E para as de baixo: os martes de 18:30 a 20:30 horas.

As aulas de ensaio para grupos terían dispoñibilidade de martes a sábados en horario de tarde.

Para inscribirte, debes dirixirte á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada na 1ª pranta do Concello e cumplimentar o impreso de solicitude. Máis información na O.M.I.X de Narón: 981 337700, ext 1103; correo: omix@naron.es

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar