BENVID@S

OMIX

Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Narón é un servizo público e de balde que ofrece información asesoramento e información sobre temas de interese para a mocidade como traballos, obradoiros, becas, axudas de estudo, obxección, saúde, tempo libre, cursos, asociacionismo.

Imaxe
omix

Os obxetivos da OMIX do Concello de Narón son:

 - Transmitir información da rede OMIX galega á mocidade do Concello.

 - Atención informativa específica aos usuarios que o demanden.

 - Recoller, catalogar, elaborar e distribuir canta información sexa de interese para os mozos e mozas.

 - Ofertar os recursos comunitarios

 - Dinamizar a vida asociativa da mocidade.

Encontrámosnos na 1ª pranta da Casa do Concello. Praza de Galicia, s/n, 15570 (Narón).

Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Narón está aberta durante todo o ano ofrecendo información especializada a mocidade, dende os 12 aos 35 anos. O horario de atención ao público é de 8:30 a 13:00 horas de luns a venres (de xuño a setembro) e de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres (de outubro a maio).

Concello de Narón para lograr o óptimo funcionamento da OMIX aporta un educador social e os recursos materiais necesarios para desenvolver todas as actividades asociadas.