NOVAS

A Biblioteca Municipal de Narón achégase aos 14.000 soci@s o que avala a calidade do servizo prestado

Publicado o 13 de Febreiro de 2012

Ademáis, a Biblioteca Municipal do Alto catalogou no 2011 un total de 1.757 novos volumes, clasificados en monografías (1.636), documentos sonoros (18), documentos audiovisuais (95) e documentos electrónicos (8).
 

A Concelleira de Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, ofreceu as cifras de socios e préstamos efectuados no ano 2011 na Biblioteca Municipal, que veñen a respaldar a evolución positiva que está a acadar este servizo público, cun elevado número de usuarios de Narón e comarca.
Así, segundo apuntou a edila, o número total de préstamos realizados no 2011 ascendeu a 28.189 volumes prestados, cunha media de 99,61 préstamos ó día. (Estos números incrementáronse respecto ó ano 2010, cando se prestaron un total de 25.483 volumes).

Ademáis, a Biblioteca Municipal do Alto catalogou no 2011 un total de 1.757 novos volumes, clasificados en monografías (1.636), documentos sonoros (18), documentos audiovisuais (95) e documentos electrónicos (8).

A Concelleira de Bibliotecas valorou o bo uso que están a facer os veciños e veciñas de Narón deste servizo público, lembrando que na Biblioteca Municipal póñense á súa disposición todo tipo de materiais didácticos e divulgativos, e ademáis ofrécese tamén ós cidadáns a posibilidade de conectarse ás novas tecnoloxías a través dos equipos informáticos da primeira pranta.

Respecto ós usuarios da Biblioteca do Alto, en 2011 incrementáronse en 491 novas altas (das cales 408 viven en Narón, o que representa o 83,10%, e outras 83 viven en outros concellos, principalmente Ferrol, Valdoviño, Fene e Neda). A maior parte destos novos socios da Biblioteca son mulleres (296), frente a homes (185).

A 31 de decembro do ano 2011 o número total de socios da Biblioteca Municipal (que inclúe as bibliotecas de O Alto, A Gándara e A Solaina) contabilizouse en 13.913, e a día de hoxe esa cifra ten aumentado xa, ata chegar na actualidade a 13.971 persoas asociadas.