NOVAS

Búscanse Embaixadores do Ano Europeo da Xuventude

Publicado o 22 de Xuño de 2022

Durante dúas semanas, mozxs de entre 18 e 25 anos compartirán no seu Instagram algunhas das iniciativas e programas principais que ten a Unión Europea para eles.

Esta proposta ten como obxectivo involucrar os mozos da provincia da Coruña para que se convirtan en cidadáns e cidadás europeos activos, así como para proporcionar información a ese grupo de idade sobre as oportunidades da UE dunha forma directa.

A proposta comezará o luns día 20 ca apertura do prazo de inscrición para euroinflUEncers que queiran participar. Esta selección farase por orde de puntuación entre xs mozxs que cumpran os requisitos. Os participantes que finalmente sexan escollidos gañarán un bono interrail.

As mensaxes publicaránse nas redes dxs mozxs entre o 4 e o 17 de xullo. Nelas, falarán sobre o Ano Europeo da Xunventude e as súas actividades, o programa Erasmus Plus e Erasmus para Mozos Emprendedores, o Corpo Europeo de Solidaridade, as iniciativas EU Youth Dialogue e o European Youth Event, a garantía xuvenil, a rede EURES e o Concurso DiscoverEU. A campaña identificarase co hashtag #EmbajadorxsEYY2022.

Para potenciar o espírito de iniciativa para difundir o coñecemento sobre a UE entre xs mozxs, os participantes elixidos disfrutarán dun bono Interrail Global Pass que lles vai permitir viaxar durante un mes cun total de sete días de transporte, o cal poderase utilizar hasta finais de xullo do 2023.

A Comisión Europea celebra o Ano Europeo da Xuventude en 2022 co obxectivo de activar a visión, o compromiso e participación de todxs xs mozxs para construir un futuro máis verde, inclusivo e dixital.