NOVAS

Chega o Correlingua 2012 a Narón

Publicado o 01 de Maio de 2012

Nesta nova edición da carreira pola lingua está prevista a participación dun total de 917 escolares de Educación Infantil e Primaria de 10 centros de Narón, San Sadurniño e Ferrol.

A relación de colexios que estarán presentes é a seguinte: CRA de Narón, CEIP Piñeiros, CEIP Ponte de Xuvia, CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CPI San Sadurniño, CEIP Esteiro, CEIP Recimil, CEIP Pazos, e CEE Terra de Ferrol.

O programa do Correlingua 2012 desenvolverase este xoves día 3 no Pazo da Cultura, onde está prevista a chegada dos participantes entorno ás 9:30 horas. Ás 10:00 horas levarase a cabo a Carreira pola Lingua nas inmediacións do Auditorio, e a continuación os participantes dividirase en dúas quendas.

Así, un grupo entrará no Pazo da Cultura onde terá lugar a actuación da actriz Iria Sobrado, que tamén actuará como presentadora do acto, e a continuación se leerá o manifesto do Correlingua, para concluir coa actuación do grupo de música infantil Pirilampo. Namentres, o outro grupo realizará fora do Pazo unha serie de xogos populares, promovidos por monitores. Logo de realizar o cambio de quenda, o Correlingua darase por finalizado ás 12:30 horas.

Segundo indicou Mª del Carmen Espada, concelleira de Educación de Narón no Correlingua 2012 colabora o Concello de San Sadurniño. Ambos financiarán o coste dos monitores que atenderán ós nenos/as. A Concelleira de Educación e a responsable comarcal da CIG Ensino coincidiron en destacar a importancia deste evento, en tanto en canto sirve para fomentar o respeto e o uso da lingua galega entre os nenos e nenas de hoxe, que serán os adultos do mañá.