NOVAS

A Corporación Municipal aproba o convenio de colaboración entre a Xunta e a FEGAMP para desenvolver a administración municipal electrónica

Publicado o 29 de Abril de 2011

A Corporación Municipal de Narón celebrou o derradeiro pleno desta lexislatura, no que se aprobou o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da comunidade autónoma galega.

A Corporación Municipal de Narón celebrou o derradeiro pleno desta lexislatura, no que se aprobou o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da comunidade autónoma galega.

Este convenio de colaboración, aprobado por unanimidade, ten vixencia ata decembro do 2013 e ten por obxecto impulsar o proceso de modernización da administración nas entidades locais de galicia, para garantir ós cidadáns o acceso electrónico ós servizos públicos, dando cobertura ás actividades e proxectos precisos para o desenvolvemento da eAdministración na Administración pública.

A Corporación Municipal acordou aprobar a adhesión ó convenio coa Xunta, para o desenvolvemento da e-administración nas entidades locais de Galicia.

Outro dos acordos adoptados por unanimidade foi o regulamento de selección de persoal funcionario interino laboral temporal do Concello de Narón. Este regulamento rexirá a cobertura temporal de prazas vacantes, tanto de persoal funcionario como de persoal laboral do Concello de Narón, con funcionarios interinos e con persoal laboral temporal. O sistema de selección será o de concurso, mediante valoración de méritos. A convocatoria para a elaboración de listas de aspirantes para cada unha das prazas e/ou contratacións laborais temporais se realizará a través do Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Outro tema aprobado por unanimidade foi a proposta de interposición dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, frente ó acordo de denegar o recoñecemento do dereito á compensación solicitado polo Concello de Narón, polas cantidades deixadas de percibir como consecuencia da bonificación do 95% aplicada ás cuotas do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) a favor de Autopistas do Atlántico (AUDASA) do exercicio do 2009.

No apartado de mocións, foi aprobada a do PSOE sobre a mellora da sinalización de tódolos pasos de peóns do municipio, e rexeitada (cos votos en contra de TEGA, a abstención de PP e BNG e a favor do PSOE) outra do mesmo grupo, na que se solicitaba a impulsa de políticas reais para a xuventude naronesa.

No capítulo de resolucións de Alcaldía, deuse conta da solicitude de subvención á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta para o proxecto de desenvolvemento do pobo xitano para o ano 2011. O Concello solicitou á Xunta 21.500€, e se compromete a aportar outros 21.492€ dos fondos municipais.

Tamén se informou da solicitude de subvención pedida á Xunta de Galicia, por importe total de 1.325.293€ destinados ó cofinanciamento da prestación de servizos sociais por parte da corporación local.