NOVAS

Está aberto o prazo de inscrición para a Escola Deportiva de Natación.

Publicado o 10 de Setembro de 2012

O Padroado de Deportes do Concello de Narón ven de anunciar a apertura do prazo de inscrición para a Escola Deportiva de Natación.

Así, os mozos e mozas empadroadas en Narón e os usuarios do bono familiar poderanse matricular a partires do 10 de setembro, nas oficiñas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, en horario de 9 a 13 horas. O resto de usuarios doutros concellos, poderán facelo a partires do 17 de setembro, no mesmo lugar e con idéntico horario.

Para inscribirse, tan só é necesario cubrir a solicitude que se entrega nas oficiñas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara. 

As clases da Escola Deportiva de Natación empezarán o día 1 de outubro, aínda que os usuarios de nado libre poderán iniciar a temporada de baño a partires do 17 de setembro.

Tamén no mes de outubro comezarán as actividades do resto de Escolas Deportivas, cuxos clubes manteñen convenios de colaboración co Padroado de Deportes, segundo informou a concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.