NOVAS

EUROPE DIRECT A Coruña e Lugo

Publicado o 28 de Marzo de 2023

Os centros EUROPE DIRECT A Coruña e EUROPE DIRECT Lugo celebramos a décima edición do concurso de fotografía 'Cidadanía Europea en Galicia'. 

Este ano ten como temática 'Unha viaxe pola Unión Europea', xa que conmemoramos os cinco anos da iniciativa #DiscoverEU e os 30 do mercado interior da UE.

Os premios para as mellores fotografías son dúas cámaras réflex e dúas tablets. As fotografías deben ser orixinais e incluír algúns dos símbolos da UE.

Gústache a fotografía? Participa no concurso #CidadaníaEuropeaEnGalicia organizado por @EDCoruna e @eudirectlugo. A temática deste ano é 'Unha viaxe pola UE'. Envía a túa imaxe antes do 10 de abril e podes gañar unha CÁMARA ou unha TABLET!


Consulta as bases completas: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2023/x-concurso-de-fotografia-ciudadania-europea-en-galicia/