NOVAS

Iolanda Muiños Paredes: 100% Narón

Publicado o 10 de Marzo de 2014

Ola Iolanda, moitas grazas por atendernos. Para moita xente de Narón, ata hai uns meses eras unha coñecida "descoñecida", se cadra estaban afeitos a verte na tele en series da TVG, pero non coñecían que eras veciña de Narón ata que o Concello te recoñeceu como "Muller do Ano 2013". Como recibiches a nova deste nomeamento? E a túa familia?

Iolanda Muiños foi recoñecida hai uns meses como Muller do Ano 2013 en Narón.

Esta muller naronesa, de 42 anos é todo un referente no mundo do teatro en Galicia. Coñezamos un pouco máis a esta actriz formada na Escola de Teatro municipal.

 

Ola Iolanda, moitas grazas por atendernos. Para moita xente de Narón, ata hai uns meses eras unha coñecida "descoñecida", se cadra estaban afeitos a verte na tele en series da TVG, pero non coñecían que eras veciña de Narón ata que o Concello te recoñeceu como "Muller do Ano 2013". Como recibiches a nova deste nomeamento? E a túa familia?

Iolanda: Bueno, o de coñecida- descoñecida é moi relativo, unha nunca sabe onde a coñecen e onde non, o que podo dicir é que en Narón hai moita xente que me coñece de antes posto que eu ademáis de nacer aquí, estudar na Escola de Teatro, logo din clase desta materia a nenos durante moitos anos, creo que 10, en coles, e asociacións, en total foron cerca de 500 entre nenos e adultos, e claro, tamén acabas coñecendo aos seus familiares.

Tamén acudín como alumna a bailes de salón, dirixín espectáculos, fixen animación á lectura na Biblioteca durante moito tempo, e espectáculos coa compañía que tiña con Jose Prieto, Xabier Deive, Carlos Mosquera, Jose Luís Sacha e  Juán Ares, Caroza Teatro. 

Eu recibín este nomeamento con sorpresa, non o esperaba, e teño que dicir, e desculpade a miña ignorancia, que non sabía que existía. Agora xa o sei. Foi moi bonito, e sobre todo o dia da cea da muller, gustoume especialmente estar entre mulleres ás que lles costaba moito esforzo estar alí, e sen embargo estaban.

O feito dun nomeamento como este é una cousa extraña porque se supón que eres como un exemplo, e a min esas cousas danme moito pudor, porque eu non me sinto así para nada. É certo que pelexei moito, e o que me queda, pero esa é a miña actitude vital, de carácter, e a única que coñezo para conseguir as cousas, home, se nacese nunha familia rica a saber como me comportaba.

A miña familia recibiuno ben, moi contentos, pero claro, este traballo meu é moi extraño sempre. Eles sempre me ven metida en “saraos” que si estreas, que si galas, non sei como se debe sentir un cando, o seu fillo/a, ou irmán/a, sempre están diante dun público, porque para min é una cousa natural. Bueno, é xa a estas alturas para a miña familia tamén, claro.

Estivemos vendo o teu videobook en Vimeo, no que aparecen as túas incursións en programas e series moi populares, entre elas unha das que tivo máis éxito entre os adolescentes: "Los Serrano", como foi esa experiencia televisiva fora de Galicia?

Iolanda: Esa experiencia foi moi pouco mística a verdade, porque sucede moi rápido, o que pasou por aquel entonces é que a min chamáronme para o casting de Mar Adentro e non me deron a personaxe porque era a protagonista a que eu fun probar.

A miña interpretación gustoulles tanto que me chamaron para una pequeña intervención en Los Serrano. Agora as cousas xa non funcionan así, agora é difícil que te chamen para nada se non tes un representante. Somos moitos xa.

A verdade é que tes un curriculo impresionante, participaches na rodaxe de "Mar Adentro" ás ordes de Amenábar,  como vive unha rapaza de Narón unha rodaxe dese tipo? Nada que ver coa humildade do teatro, non?

Iolanda: Bueno, o que eu facía en Mar Adentro era nada prácticamente, a min non me gusta darme “bola”, daquela para min era moi alucinante iso si, estar alí con Bardem decíndome se me importaba pasar texto con él, xa o coñecera anteriormente nun bar porque temos un amigo común, e portouse moi ben, bueno como ten que ser realmente.

O que podo dicir de Amenabar e que se sabía o meu nome, cousa que para alguén que é tan pouco relevante na súa película non é habitual. Bueno, o teatro é “humilde” porque non se invirten cartos nel.

En Madrid, Barcelona, Londres, Paris, hai espectáculos teatrales que non teñen nada de “Humilde”. Pero aquí non se invirten cartos no teatro, non se invirten cartos en nada de aquí, é mellor sempre o de fora. E non me refiro a Narón, precisamente. E una cousa da nosa cultura, o de aquí tírase, o de fora se premia.

Nós non podemos deixar pasar a oportunidade de que nos fales dos "Crebinsky"...

Iolanda: Pois os “Crebinsky” tamén foron una experiencia moi chula, sobre todo os sitios onde se grabou, eran todos polo Norte, Ortigueira, A Capela… eu e que son una fan do Norte, que tampouco está valorado porque non se coñece. O director, Enrique Otero é de Ortigueira.

Miguel de Lira aínda me sigue chamando mamá, e un día presentoume á sua nai e dixo: "Mamá, está é mamá".

Falemos das túas preferencias personais, prefires o teatro á televisión? Un por pracer e a outra por economía?

Iolanda: Eu non prefiro nada, eu prefiro traballar. Eu amo o meu traballo en todas as súas formas.

Nas escolas non se fala de amor, e na rúa e nas familias, en xeral, non se fala de amor ao traballo, de elexir o que queres, o que crees que che vai servir para dar o mellor de ti ós demáis, se ti estás feliz, iso é o que vas entregar ó mundo.

Trabállase por cartos, claro, porque hai que comer, pero tamén se traballa para crecer como persoa, para comprender aos demáis. Antes educábannos na idea de que hai que ser un escravo, de que non tes dereito a nada, de que se es pobre tes que traballar no que che toque, e aguantar o que faga falta, porque si, de que se non estudas unha carreira es un buro.

Pero claro, é que antes víñamos dunha dictadura e dunha guerra, que ata onde eu sei, ninguna delas se fai con amor a nada, e desde logo non son os seus fundamentos, se non todo o contrario, as suas bases son o medo, e  odio, e a dor, e sobre todo a ignorancia.

Pero xa non son eses tempos, agora a culpa hai que tirala pola ventana, e hai que ser maduros e elexir sen medo, Qué é o qué quero? Qué é o qué necesito? Cál é o meu sitio? Sona moi idealista, seino, pero é posible. A menos que o único que che interese na vida é ser rico.

Despois de probar, con premio por medio, a actuar nun musical como "Life is a paripé" parece que lle colliches o gusto a este xénero e repetiches ao grande con "Galicia Canibal", que diferencias hai no referente á túa rutina de traballo, entre un musical e o teatro?

Iolanda: Eu sempre fixen cousas relacionadas coa música, quero dicir que sempre montábamos espectáculos nos que cantábamos, e de feito, antes de Life is a paripé fixen con Teatro do Morcego en co-producción con Narón, Saltimbanquis, có que fixemos moitas función, e có que estiven nominada como mellor actriz secundaria ese ano.

O musical require máis disciplina no sentido de que hai que coidar moito o físico, bailar, cantar a diario, hai que descansar ben, comer ben, non resfriarse. Eu tiven que suspender una función porque me quedei afónica 5 dias e ainda que fun a urxencias e me pincharon, non recuperei a voz. A voz é un instrumento moi delicado porque está dentro, e reacciona a todo, emocións, temperatura, cambios hormonais… Hai que estar en forma, e ter forza de vontade.

Estiveches hai ben pouco en Narón, coa obra "Malos Hábitos", como te recibíu o público  da casa?

Iolanda: Moi ben, coma sempre.

Para unha persoa que posteriormente recibíu formación de xente como Cristina Rota ou Albert Boadella...que supuxo o teu paso pola Escola Municipal de Teatro de Narón na túa formación como actriz?

Iolanda: Na formación hai que ter coidado cós nomes, porque precisamente deses nomes que dis, a nivel teatral eu non aprendín nada, se cadra porque non estaba preparada, non sei, eu daquela facía todo o que se me pasaba por diante.

A xente aproveita o seu nome, pero logo non está demostrado que valgan para ensinar nada. Ou para ensinar algo hai que estar máis tempo que unha fin de semana. Cristina Rota fixo un nome, pero se vas á sua escola non che dará clase ate o terceiro ano. Ás veces nun curso aprendes cousas de ti, a abrirte camino, a superar a tímidez, a estar soa nunha cidade onde non coñeces a ninguén, a expor os teus sentimentos. Hai que ter paciencia con todo.

Eu na Escola cando eu estaba aprendín moito de Santi Prego. E fora, de momento, porque eu sigo estudiando, de Paco Pino, Mariano Barroso, Andrés Lima, en canto de María Costas coa que estudio actualmente.

Que lle recomendas a un rapaz ou rapaza de Narón que queira comezar no teatro? Cal sería o camiño a seguir na súa formación en base á túa experiencia persoal?

Iolanda: Esta profesión é una forma de vida realmente, unha aventura na que che pode ir ben ou mal, ou as dúas cousas e por épocas. Non hai garantías de nada. Hai que ser forte e perseverar.

Nunca se pode pensar que nun curso che vai sair traballo porque eres tan sumamente especial que van facer una película para ti. Pode pasar? Eu creo nas milagres, non nas relixiosas, e pode pasar, pero non hai que pensar niso, só hai que pensar en aprender, e dar o mellor de ti. Hai que concentrarse no traballo, e non ponerse límites nin etiquetar as cousas.

E estudar toda a vida, os papeis e tamén a forma de mellorar, hai que medrar todo o tempo.  Eu o que gano sempre o gasto en estudiar. Pero a min cando saio a un escenario, ou me poño diante dunha cámara me compensa todo o esforzo, porque o tempo se para e os meus problemas desaparecen.

Moitas grazas por falar con nós e moita **rda!! :)
 

<!--[if gte mso 9]> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 <![endif]-->