NOVAS

Minicampamentos Coñece Galicia

Publicado o 07 de Xuño de 2023
Minicampamentos Coñece Galicia

A cuarta edición de “Coñece Galicia”, que forma parte da Campaña de Verán deste 2023, está dirixida a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos

Minicampamentos de luns a venres en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

O prazo de inscrición comezará o día 12 de xuño ás 12.00 horas a través dun formulario na web de Xuventude: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Descarga aquí o boletín informativo do programa!