NOVAS

Mocidade, benestar e saúde emocional na era do coronavirus

Publicado o 21 de Outubro de 2020

O Injuve desenvolverá esta xornada a través da súa canle de YouTube

O Instituto da Mocidade (Injuve) e a Rede para a Promoción da saúde mental e o benestar Emocional nos Adolescentes (Rede PROEMA) organizan conxuntamente o vindeiro xoves 5 de novembro unha Xornada on-line sobre a promoción da saúde e benestar emocional na mocidade, enfocado especialmente no impacto da Covid-19 nas persoas mozas.

Baixo o título, “Mocidade, benestar e saúde emocional na era do coronavirus: Experiencias e ferramentas para xestionar emocionalmente o impacto da pandemia”, a xornada estará aberta a todas aquelas persoas interesadas na temática e poderase seguir en directo a través da Canle de Youtube de Injuve.

O programa da xornada, que abarcará desde as 9:30 ás 13:30 horas, conta coa participación de expertos en saúde mental e adolescencia, incorpora testemuños dos propios novos e as súas familias sobre a súa vivencia desta situación extraordinaria, e complétase coa exposición dos resultados de dous estudos sobre o impacto psicolóxico do coronavirus e do confinamento en nenos e adolescentes, para finalizar cun achegamento ás liñas para traballar no futuro no ámbito da saúde mental.

Os destinatarios desta xornada son os colectivos e organizacións que traballan coa poboación xuvenil, pero tamén o propio público novo e as súas familias, que poderán escoitar testemuños contados en primeira persoa polos seus iguais e descubrir, a través das súas voces, iniciativas ás que recorrer en caso de necesitar un eventual apoio psicolóxico.

As Xornadas emitiranse en directo a través da canle de YouTube do Instituto da Mocidade.