NOVAS

Novidades na web de Xuventude de Galicia

Publicado o 19 de Setembro de 2022

A web de Xunventude de Galicia alberga varias novidades na súa páxina. Onde destacan os voluntariados e programas de participación, as actividades culturais, os cursos, ou as bolsas, entre outros.

A Xunta de Galicia impulsa unha serie de novidades na súa web de Xuventude. Entre as accións dirixidas a mozos e mozas de Galicia destaca o Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2022, que ten como finalidade a realización de prácticas formativas non laborais por persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil en entidades ou empresas públicas ou privadas en países europeos, co fin de mellorar as súas habilidades e competencias, enriquecer o currículum vitae e outorgar máis ferramentas de cara á futura inserción laboral.

Tamén cabe destacar os Correspondentes/as Xuvenís e Universitarios, que ten como obxectivo difundir por parte do alumnado os programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia e as universidades ou escolas ofrecen á mocidade galega, así como outra información de interese.

Todos estes programas e moitos máis, e a información relativa a cada un deles, pódense consultar na web da Xuventude de Galicia ou nas súas Redes Sociais.