NOVAS

O Alcalde ofrece unha recepción institucional ós equipos de Fútbol Sala e Baloncesto de Narón, por acadar a victoria no Campionato de Liga

Publicado o 11 de Maio de 2011

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu dous recepcións institucionais ós equipos de Fútbol Sala e Baloncesto de Narón, que acaban de acadar o campionato de Liga de 1ª División Nacional A.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu dous recepcións institucionais ós equipos de Fútbol Sala e Baloncesto de Narón, que acaban de acadar o campionato de Liga de 1ª División Nacional A.

Primeiramente, o rexedor recibíu ó equipo Cidade de Narón de Fútbol Sala, e felicitou ós xogadores e ó equipo técnico e directivo por acadar esta distinción. “No 2010 tivemos a sorte de que os benxamíns do Cidade de Narón de Fútbol Sala gañaron o Campionato de España na súa categoría, e agora estamos aquí para recoñecer o voso traballo. Ser campións de liga supón que agora sodes un reflexo para os nenos”; declarou José Manuel Blanco.

Pola súa parte, o presidente do clube, Miguel Rodríguez Aneiros, agradeceu publicamente o apoio amosado polo Concello de Narón ó deporte ó longo dos cinco anos de vida do clube. ”Hoxe en día, o fútbol sala é o deporte que máis fichas de federados ten en Narón e na comarca. Nos, cando iniciamos a nosa andaina como clube contamos dende sempre co apoio institucional do Concello de Narón, pero tamén co apoio dos seus políticos a nivel personal, acompañándonos nos partidos decisivos no caso do Alcalde e da Concelleira de Deportes, e iso é impagable”, destacou.

A edil de Deportes, Natalia Hermida, agradeceu ó Cidade de Narón de Fútbol Sala “que tivérades un proxecto coma este, porque hoxe Narón é o que é deportivamente falando grazas tamén a un equipo coma o voso”, declarou. A Concelleira de Deportes lembrou que en Narón actualmente hai 4.000 nenos/as facendo deporte nas diferentes disciplinas existentes.

O Alcalde, José Manuel Blanco, engadíu ó respecto que “Narón ten un compromiso claro e firme coa infancia e a terceira idade, pero tamén temos que seguir apoiando o deporte de base e a cultura, e nese camiño imos estar”.

A segunda das recepcións ofrecidas, ó Baloncesto Narón, contou coma a anterior con tódolos xogadores do equipo, corpo técnico e directiva. O rexedor comentou que, coa consecución do campionato de liga da 1ª División Nacional A “este equipo acaba de poñer a Narón no lugar que merece deportivamente falando”.

O equipo cumple este ano o seu 25º cabodano, e dende o Concello de Narón vaise seguir apoiando esta traxectoria ascendente, na medida das posibilidades, para que o Baloncesto Narón poida xogar na Liga EBA.

A Concelleira de Deportes expresou tamén a sua satisfacción por ter acadado este título, e lembrou que nos últimos dous anos, téñense instalado no municipio 20 canastas de baloncesto en diferentes parques e prazas de Narón, para que poidan practicar os nenos e os seus pais, e a poboación en xeral.