NOVAS

O Concello financia a súa parte correspondente das Escolas Infantis

Publicado o 23 de Abril de 2012

A Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas celebrada no Concello aprobou unha modificación de créditos pola cal se consigna unha partida de 337.000€ para o mantemento das Escolas Infantis Municipais durante o primeiro trimestre do curso 2012-2013 (de setembro a decembro).

Estos cartos corresponden á financiación que aportará o Concello de Narón para o mantemento deste servizo, e que supoñen un terzo do total (os outros dos terzos se repartirían entre os usuarios e a Xunta de Galicia). A asignación é por un trimestre xa que os fondos incluiránse nos Orzamentos Municipais do 2012.
Con esta iniciativa, o Concello deixa clara a súa vontade de chegar a unha solución sobre o futuro das Escolas Infantís Municipais, cuxa xestión ten que sair a concurso antes do mes de xullo para poder abrir as suas portas de novo en setembro. Non obstante, esta circunstancia está aínda no aire xa que a Xunta de Galicia aínda non concretou se financiará o terzo que lle corresponde para que as escolas infantís poidan seguir funcionando no mesmo réxime que ata o de agora.

Na mesma modificación de crédito nº3 tamén se incluíu unha partida de 50.000€ para o mantemento dos comedores escolares, que tamén están pendentes de contribución por parte da Xunta de Galicia.