NOVAS

O Concello recolleu máis de 12.000 litros de aceite de cociña usado nos últimos 2 anos para a súa reciclaxe

Publicado o 15 de Febreiro de 2012

As elevadas cifras de recollida deste resíduo constatan o bo uso que os cidadáns están a facer destos contenedores, nos que durante o ano 2010 se depositaron un total de 4.200 litros de aceite, e no ano 2011 chegaron a recollerse 8.260 litros.
 

O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, ofreceu os datos de recollida de aceite de cociña usado, realizada polo Concello nos últimos dous anos. Estas cifras constatan o bo uso que os veciños estanlle a dar ós seis colectores de recollida de aceite doméstico, instalados en abril do ano 2010 nos seguintes lugares: Praza de Santa Icía, Praza de A Gándara, Estrada de Castela (nº 50-52), rúa 25 de Xullo (frente ó Centro Comercial de Narón), Estrada de Castela (nº564 –Piñeiros-) e Praza do Xulgado de Paz (Xubia).

Así, en conxunto téñense recollidos un total de 12.460 litros de aceite de cociña usado a través destos colectores, para a súa reciclaxe. O edil delegado de Servizos animou ós veciños a seguir usando este servizo en beneficio do medio ambiente “dado que un litro de aceite verquido no mar pode chegar a contaminar 1.000 litros de auga”, lembrou Pablo Mauriz.

As elevadas cifras de recollida deste resíduo constatan o bo uso que os cidadáns están a facer destos contenedores, nos que durante o ano 2010 se depositaron un total de 4.200 litros de aceite, e no ano 2011 chegaron a recollerse 8.260 litros.

Como dato curioso, cabe salientar que os meses de maior recollida foron os do verán (xullo, agosto e setembro) e o colector onde máis aceite se depositou foi o da Praza da Gándara, seguido de cerca polo da Praza de Santa Icía.

Ademáis da recollida nos colectores específicos, o aceite de cociña usado tamén pode depositarse no Punto Limpo Municipal (situado no Polígono de Río do Pozo) aberto ó público de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 19 horas, e os sábados de 9 a 14 horas. O Concelleiro de Servizos animou ós veciños a reciclar tamén outros resíduos xerados nos fogares (papel e cartón, vidrio, resíduos orgánicos, envases, latas e briks) por cuestións medioambientais e económicas.
 
Precisamente nesta liña, Pablo Mauriz visitará o vindeiro venres 17 de febreiro a pranta de tratamento de resíduos de Sogama (Cerceda) coa intención de intercambiar coñecementos cos seus responsables, e trasladar posteriormente dende o Concello ós veciños os beneficios da reciclaxe iniciada dende os fogares.