NOVAS

A Oficina Municipal de Información Xuvenil atendeu no segundo semestre do ano 2011 máis de 2.300 persoas

Publicado o 29 de Febreiro de 2012

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello e dependente da Concellería de Mocidade que dirixe a edil Natalia Hermida, atendeu no 2º semestre do ano 2011 a un total de 2.358 persoas. 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello e dependente da Concellería de Mocidade que dirixe a edil Natalia Hermida, atendeu no 2º semestre do ano 2011 a un total de 2.358 persoas.

Do total das consultas, 998 corresponderon a homes e 1.360 a mulleres, clasificándose nos seguintes grupos de idade:

           Idade                  Número de persoas           Porcentaxe
Menores de 14 anos                    274                               11,62%
De 15 a 19 anos                         524                               22,22%
De 20 a 29 anos                         710                               30,11%
Maiores de 30 anos                     850                               36,04%

As consultas foron realizadas entre o 1 de xullo e o 30 de decembro de 2011, no horario de atención ó público do Concello (de luns a venres, de 8:00 a 13:30 horas). Os temas sobre os que efectuáronse as consultas foron principalmente o emprego (940 consultas), estudios e formación (663) e Formación Ocupacional (310). Ademáis, a OMIX ofreceu información sobre carnés (152), bolsas e axudas (60), campamentos e viaxes (58), programas da Xunta (39) e asociacionismo (8).

Ademáis das  2.358 visitas presenciais no segundo semestre do 2011, a Oficina Municipal de Información Xuvenil atendeu 1.900 peticións feitas por correo electrónico e a través da web da Concellería de Mocidade, www.dameuntoke.eu Este portal web recibiu un total de 6.848 visitas no período sinalado anteriormente, e outras 14.945 visitas a páxinas do portal web. Ademáis, dameuntoke ten 3.034 seguidores en Facebook e outros 59 en Twitter.

A OMIX realizou actividades complementarias á atención á mocidade, coma Obradoiros de educación afectivo-sexual e prevención de drogas en centros educativos (con 179 alumnos), Obradoiros de graffiti para mozos/as (con 15 participantes), e clases de baixo, guitarra e batería na Escola de Música Moderna de Narón (con 30 alumnos). Tamén puxo a disposición dos grupos de música xove as Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade (A Gándara), empregándoas un total de 9 grupos nese semestre.