NOVAS

PROGRAMA ALFADIX I 2011

Publicado o 11 de Outubro de 2011

O Concello desenvolverá un total de 13 cursos, nos locais sociais municipais de: A Gándara, A Solaina, O Alto, O Couto, Piñeiros, Xuvia, San Mateo, O Val, Castro, San Xiao, Sedes, Pedroso e Doso. Haberá 10 prazas disponibles en cada un deles, e terán 30 horas de duración –repartidas en clases de 90 minutos, dous días á semana-.

O Concello de Narón ven de abrir o prazo de presentación de solicitudes para o Curso de Alfabetización Dixital “Alfadix Inicia” que se desenvolverán nos diferentes barrios e parroquias do municipio. O período de inscrición nestos cursos, de carácter gratuito, finalizará o día 14 de outubro. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de 8:30 a 13:30 horas.

O Concello desenvolverá un total de 13 cursos, nos locais sociais municipais de: A Gándara, A Solaina, O Alto, O Couto, Piñeiros, Xuvia, San Mateo, O Val, Castro, San Xiao, Sedes, Pedroso e Doso. Haberá 10 prazas disponibles en cada un deles, e terán 30 horas de duración –repartidas en clases de 90 minutos, dous días á semana-.

Os destinatarios deberán estar empadroados no termo municipal de Narón, e ser maiores de 18 anos. A selección dos mesmos realizarase por riguroso orde de inscrición, e terán prioridade aqueles participantes que non realizaran cursos de alfabetización en novas tecnoloxías en edicións anteriores.

Os cursos de Alfabetización Dixital iniciaranse na primeira quincena de novembro.