NOVAS

XGN13- 2012

Publicado o 24 de Abril de 2012

¿Que?

 

A XGN é un evento tecnolóxico que se celebra anualmente en Galicia. É a Lan Party galega máis importante… pero é iso e moito máis. A XGN é un evento para os amantes da informática…. E para os que a aborrecen, porque contamos con actividades para todos os públicos.

A Intranet (require de inscrición previa) é un espazo de convivencia ininterrompida no que 1000 persoas comparten a súa vida, as súas experiencias e os seus ficheiros entre si. Campionatos de xogos, risas, experiencias…

Non so de intranet vive a mocidade. Por iso a cousa non acaba aí. Temos unha axenda cargada de relatorios e obradoiros para que te despegues do ordenador: redes sociais, ciberbulling, programación, videoxogos… o calendario de charlas, nas que participarán expertos reputados en cada unha das áreas propostas,

A min o que me vai é o aire libre. Pois tamén temos actividades para ti! grafitti, paintball e outras actividades no exterior da localización, e unha extranet cargada de actividades nas que gozar do fin de semana: videoxogos, zona de chillout, artes marcíais…

¿Onde?

No Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, o primeiro fin de semana de maio (4-5-6 de maio)

¿Quen?

Organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Quen se non! Tes máis información sobre nós aquí: www.xuventude.xunta.es

Máis información