Medidas preventivas no programa de actuacións musicais 'Noites á fresca'

Versión para impresoraEnviar a un amigo
noitesafresca.png

Anúncianse as medidas preventivas que deberán cumprir as persoas asistentes aos actos que compoñen a iniciativa.

A concelleira de Festas, Natalia Hermida, recordou que a partir desta noite na actuación de “Eladio y los seres queridos” e ata o sábado na actuación de “Faltriqueira”, que darán comezo ás 22.00 h., se 15 minutos antes dos concertos a xente que teña entradas non accedeu ao recinto, permitirase o paso de persoas interesadas que non poideran sacar as entradas.

A organización de Noites á Fresca, comprometida coa seguridade do público asistente e as persoas traballadoras implantará no evento unha serie de medidas preventivas dirixidas a evitar posibles accidentes e a propagación da COVID19. Para logralo, a colaboración do público é esencial, polo que trasladamos unhas sinxelas normas a respectar para o seu coñecemento.

  • Existe un plan de continxencias e un equipo para a súa implantación no evento. Rogamos que siga as súas instrucións e respecte as sinais existentes no recinto.
  • En caso de manifestar síntomas compatibles con a COVID19 ou ter mantido contacto con persoas que sospeiten ou sufran a enfermidade, non poderá acceder ao recinto do evento.
  • No momento do acceso ao recinto, deberá desfacerse das luvas, en caso de que as porte, e hixienizar as mans con o xel que porá a organización a súa disposición.
  • Tanto no exterior como  no recinto, o uso da máscara é obrigatorio.
  • Unha vez no recinto, unha persoa responsable indicaralle o asento a ocupar. Unha vez que ocupe o asento asignado, rogámoslle que reduza ao imprescindible a circulación polo recinto.
  • Debe portar ou deixar debaixo do seu asento as súas pertenzas persoais, evitando que as mesmas impidan a normal circulación do resto do público.
  • Ao remate da actuación, deberá utilizar a saída habilitada pola organización, que estará debidamente sinalizada, evitando manterse no recinto máis tempo do imprescindible.
  • Unha vez fora do recinto, rogámoslle que evite as aglomeracións.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar