Aberto o prazo de inscrición en cinco cursos do programa Cemit que se impartirán en Xuvia e un de informática convocado nos locais sociais da zona rural

Versión para impresoraEnviar a un amigo
cemit2019_Naron.jpg

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou onte a apertura do prazo de inscrición de cinco cursos de informática do programa Cemit.

As persoas interesadas en anotarse deben estar dadas de alta na web Cemit: 

https://cemit.xunta.gal/es/centro/48 

Para ver as actividades que se ofertan na cidade e inscribirse nas mesmas. Son un total de 248 horas de formación que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia, explicou a edil naronesa, que animou á veciñanza a anotarse nestas accións formativas, “que se suman aos cursos que convocamos a través do Programa Municipal de Formación e cuxas inscricións se irán abrindo a partir deste mércores e durante as vindeiras semanas”.

Os cursos a realizar, con doce prazas en cada un deles, son de Iniciación Tratamento de textos (52 horas) que se impartirá do 10 ao 28 de outubro entre as 9.30 e as 13.30 horas; de Iniciación Follas de cálculo (52 horas), do 29 de outubro ao 15 de novembro, no mesmo horario de mañá; de Iniciación bases de datos (48 horas), do 18 de novembro ao 3 de decembro, tamén de 9.30 a 13.30 horas; de Iniciación Presentacións gráficas (48 horas), do 4 de decembro ao 20 de decembro no mesmo horario matinal e de Iniciación a internet e correo electrónico (48 horas) do 18 de novembro ao 3 de decembro, neste caso en horario de tarde, dende as 16.00 ata as 20.00 horas. A edil de Novas Tecnoloxías informou da apertura da Aula Cemit de Xuvia os mércores, entre as 11.30 e as 13.30 horas, para que todas aquelas persoas interesadas en inscribirse nos cursos do programa Cemit da Aula de Xuvia poidan recibir atención personalizada para anotarse.

A concelleira de Novas Tecnoloxías explicou que tamén se abre o prazo para anotarse nas asociacións veciñais da zona rural no curso Usando as novas tecnoloxías, que terá unha duración total de 27 horas e que se impartirá do 1 de outubro ao 29 de novembro. Esta acción formativa enmárcase tamén no programa Cemit e diríxese a un máximo de dez persoas por local social. A información sobre o mesmo pode solicitarse nas propias entidades veciñais do rural, tal e como indicou Hermida.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar