Aberto o prazo de inscrición nun curso de “Deseño gráfico con Canva” na Aula Cemit de Xuvia

Versión para impresoraEnviar a un amigo
laptop.jpg

Aberto o prazo de inscrición nun curso de “Deseño gráfico con Canva” na Aula Cemit de Xuvia.

A Aula Cemit de Xuvia acollerá un novo curso de “Deseño gráfico con Canva” convocado a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia.

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, informou da apertura, onte, do prazo de inscrición desta acción formativa, indicando que se poden anotar as persoas interesadas a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/37848. En total hai nove prazas que se cubrirán por orde de inscrición, tal e como se indica dende a citada plataforma.

O curso impartirase do 10 ao 19 de xaneiro (32 horas en total), nas instalacións da Aula Cemit de Xuvia, en horario de 16.00 a 20.00. Edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño con formato personalizado, creación de logotipos, infografías, menús para restaurantes e cafeterías, cabeceiras para Youtube, miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas profesionais forman parte dos contidos que se abordarán na convocatoria.

A edil naronesa animou á cidadanía a inscribirse nesta convocatoria para incrementar os seus coñecementos en deseño gráfico a través do programa Canva, que ofrece múltiples posibilidades.

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar