Aberto o prazo para presentar solicitudes a tres prazas da bolsa de emprego do Concello

Versión para impresoraEnviar a un amigo
empleo.jpg

Os postos de traballo ofértanse a través da Sede Electrónica do Concello.

O concelleiro de Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz, recordou que o Concello mantén aberto ata o 11 de febreiro (incluído) o prazo para presentar solicitudes a tres prazas da bolsa de emprego do Concello. Unha delas é de Conserxe (Grupo C2) e para a que se require como requisito o graduado en ESO, outra de Administrativo (Grupo C2) e para o que se require o título de Bacharelato ou técnico e unha terceira de Auxiliar administrativo (Grupo C2) para a que os aspirantes deben ter o graduado en ESO, tal e como apuntou o edil. Os datos xerais de cada unha destas prazas, así como a documentación a entregar, poden consultarse ao completo a través da Sede Electrónica do Concello –sedeelectronica.naron.es-, no apartado “Bolsa de empego”.

A instancia –dispoñible na Sede Electrónica- e a documentación deben entregarse presencialmente, no Rexistro do Concello, ou a través da Sede Electrónica do Concello de Narón.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar