Abertos os prazos de inscrición para Pequealdeas 2020 e KDD x Igual

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Cartaz PEQUE ALDEA verán 2020 e KDD x Igual.jpg

Pequealdea, unha iniciativa para que os máis cativos desfruten de actividades formativas, e KDD x Igual, orientada ao ocio saudable na natureza e co deporte, abren hoxe os seus rexistros de inscrición ata o día 29 de xuño.

PEQUEALDEA

Contidos da actividade:

As actividades que se levarán a cabo estarán adaptadas ao grupo de idade e terán contidos educativos transversais que teñan presente a educación en valores como: educación para a paz e a non violencia, tolerancia e a solidariedade, a identidade e a diversidade, igualdade de xénero e social, educación para a saúde, coidado medioambiental e consumo sostible.

Obxeto:

Obradoiro educativo no período de vacacións de verán que busca fomentar a conciliación da vida laboral e familiar.

Datas de celebración:

  • 1ª quenda pequealdea: do 6 ao 17 de xullo.
  • 2ª quenda pequealdea: do 20 ao 31 de xullo.
  • 3ª quenda pequealdea: do 3 ao 14 de agosto.
  • 4ª quenda pequealdea: do 17 ao 28 de agosto.

Lugar de celebración:

Casa da mocidade e Aldeanova.

Horario da actividade:

  • Horario de conciliación: de 7:30 a 9:00 e de 14:15 a 15:00.
  • Horario de actividades: de 9:00 a 14:00 horas.

Número de prazas:

90.

Persoas Destinatarias:

Infancia nacida entre o 2008 e 2016 empradoados/as e/ou escolarizados/as no Concello de Narón.

Taxa:

Sen taxa.

Prazo e lugar de solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes abrirase do día 22 ata ó 29 de xuño. As solicitudes poderán presentarse no Servizo Sociocomuniitario e a través da sede electrónica ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

Cando a solicitude se envíe mediante calquera outro medio, deberá comunicarse ao Servizo Sociocomunitario, dentro do día seguinte a rematar o prazo de solicitude, mediante o envío dun correo electrónico, ao enderezo: sociocomunitario@naron.es, axuntando a solicitude debidamente selada, coa xustificación da data e hora da imposición do envío na oficina de correos ou no organismo de presentación

Forma de selección:

  • A adxudicación das prazas realizarase por sorteo o día 1 de xullo.
  • Co obxectivo de favorecer a conciliación familiar, cando unha ou un menor obteña praza, as irmás e os irmáns solicitantes tamén obterán praza de quedar dispoñibles no sorteo.
  • Confeccionarase unha lista de agarda.
  • Na web do Concello publicarase o resultado do sorteo coa lista de menores con praza adxudicada e a lista de agarda
  • Non se permite a cesión da praza adxudicada a terceiras persoas.

Documentación a presentar coa solicitude:

  • Anexo II: declaracións e autorizacións
  • DNI da persoa que vai participar na actividade
  • DNI da persoa solicitante
  • Tarxeta sanitaria do/a menor.
  • Xustificante de traballo do pai e da nai, certificado de vida laboral ou certificado de empresa actualizados ou última nómina completa ou contrato en vigor ou último recibo de autónomos. Se se trata de familias monoparentais/ monomarentales (deberán acreditalo), só do pai ou a nai.

KDD X IGUAL MOCIDADE 2020

Contidos da Actividade:

  • Roteiros de senderismo
  • Obradoiro de creación de videoxogos con temática social
  • Dinámicas sobre teatro do oprimido, habilidades sociais e desinhibición
  • Actividades deportivas
  • Acción formativa Observatorio coruñés contra a LGTBIfobia
  • Actividades de ocio saudable e activo.
  • Obradoiro de paddle surf

Obxeto:

  • Ofertar unha actividade alternativa de tempo libre para a mocidade.
  • Realizar un proxecto de educación na igualdade, para traballar nos momentos de ocio e tempo libre xuvenil, temáticas de actualidade como: o racismo, a xenofobia, o sexismo, a aporofobia, os delitos de odio e outras situacións discriminatorias presentes na sociedade, mediante unha metodoloxía grupal e activa que provoque a reflexión das persoas participantes.
  • Ofrecer unha serie de actividades atractivas para a mocidade de Narón, que lles permitan coñecerse entre eles/as, coñecer a riqueza cultural, patrimonial e natural do seu concello e Concellos limítrofes, e descubrir actividades alternativas de ocio.

Datas de celebración:

Do 6 ao 12 de xullo de 2020

Lugar de Celebracion:

Parque temático de desenvolvemento rural Aldea Nova.

Horario da Actividade:

De 10:00-14:00h de luns 6 de xullo a xoves 9 de xullo. O venres e sábado, realizarase pernoctación e pensión completa en Aldea Nova, e o domingo día 12 de xullo rematarán as actividades ás 12:00h.

Número de prazas:

  • 13 prazas quenda libre.
  • 5 prazas para persoas derivadas de servizos sociais.

Persoas Destinatarias:

Mocidade nada entre 2002 e 2007. Empadroados/as ou escolarizadas/os en Narón.

Taxa:

Sen taxa.

Prazo e Lugar de Solicitude:

As solicitudes poderán presentarse no Servizo Sociocomuniitario e a través da sede electrónica ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.

Cando a solicitude se envíe mediante calquera outro medio, deberá comunicarse ao Servizo Sociocomunitario, dentro do día seguinte a rematar o prazo de solicitude, mediante o envío dun correo electrónico, ao enderezo: sociocomunitario@naron.es, axuntando a solicitude debidamente selada, coa xustificación da data e hora da imposición do envío na oficina de correos ou no organismo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 22 de xuño ás 00:00 horas e pecharase o día 29 de xuño ás 13:00 horas.

Unidade Tramitadora:

Servizo Sociocomunitario.

Forma de Seleccion:

As prazas cubriranse por sorteo público no caso de que a demanda supere á oferta. O sorteo celebraríase o día 1 de xullo ante o secretario Xeral.

Observacións:

O Concello reservase a posibilidade de anular esta actividade no caso de que non se cubra o 60% da participación prevista.

INFORMACIÓN RELEVANTE (aplicable a ambos)

Tendo en conta a situación de emerxencia e en cumprimento das recomendacións e medidas establecidas polas autoridades sanitarias e co obxectivo de preservar a saúde e seguridade dos nenos e as nenas e os traballadores e as traballadoras, estableceranse as seguintes orientacións:

  • Deseñarase un protocolo de actuación con medidas xerais e específicas a situacións concretas. As actividades a realizar axustaranse a ese protocolo establecido segundo as recomendacións sanitarias.
  • A entrada e a saída realizarase de forma graduada e coa asistencia obrigatoria das persoas autorizadas.
  • Debido á situación actual pódense producir as seguintes situacións:
  • Se así o estiman as autoridades sanitarias suspenderíase a actividade.
  • Se así o estiman as autoridades sanitarias pódese producir unha modificación nos horarios e prestación do servizo.
  • É imprescindible que se algunha persoa participante presenta síntomas de COVID-19 deberá comunicarase de forma inmediata á coordinadora e/ou persoa responsable do programa, podendo chegar a illar as persoas participantes na quenda.
  • As familias ou titores/as legais da persoa participante que obteña praza recibirán unha información detallada sobre as medidas específicas que se porán en marcha. Asímesmo, deberán cubrir unha declaración responsable sobre condicións de saúde e participación.
DocumentoTamaño
20200619125430.pdf198.23 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar