Ábrese o prazo de inscrición na Escola de Música Moderna

Versión para impresoraEnviar a un amigo
comarcal musica naron2018RR.jpg

O Concello de Narón abre o prazo de inscrición na Escola de Música Moderna ata esgotar prazas, esto inclúe as clases de música e aulas de ensaio.

Trátase de obradoiros musicais para interesados/as en aprender a tocar instrumentos musicais ou perfeccionar coñecementos coa axuda de profesionais. A Escola conta cunha sala de ensaio de grupos musicais naroneses formalmente constituídos.

As clases dividen os seus contidos en torno ó coñecemento de:

  • A guitarra.
  • A percusión.
  • O son.

O obxectivo da Escola e destas Aulas de Ensaio é promover a música realizada polos grupos novos e que poidan amosar a súa expresión musical en actuacións en centros cívico sociais, prazas, etc. Ademais de promover a súa formación técnico-musical.

Ademais tamén:

  1.  Fomentar foros de encontro que propicien o troco artístico-musical entre grupos novos.
  2.  Xerar unha cultura musical entre os máis novos.
  3.  Incentivar o coñecemento de grupos novos e abrirlles camiño no panorama musical mediante a realización de encontros de “Kedadas musicais” nas prazas e outros lugares públicos.

 

Esta iniciativa está dirixida a mozos/as de 12 a 30 anos empadroados/as en Narón no caso das clases de música. Para usar as aulas de ensaio terían que ser grupos de música que teñan como mínimo un membro de Narón.

Horarios: as aulas de ensaio poderán solicitarse polos grupos de música de luns a sábados, nunha marxe horaria entre as 17:00 h e as 21:30 h de luns a venres e os sábados en horario de mañá entre as 11:00 e as 14:00 H. Cada grupo musical terá dereito a ensaiar dous días á semana, un total de 3 horas totais.

  • As clases de aprendizaxe musical de guitarra, terán dous horarios posibles, 2 horas á semana e un total de 12 prazas.
  • As clases de batería terán un horario posible e un total de 4 prazas, e as clases impartiranse dúas horas á semana.
  • As clases de piano terán un único horario, un total de 4 prazas e as clases impartiranse dous días á semana.

 

Máis info

  1. Lugar onde se desenvolve: Aula de Ensaio da Casa da Mocidade ( A Gándara).
  2. Inscrición: A partir do 10 de setembro de 2018 ata esgotar prazas. Descarga aquí o Modelo de Solictude.
  3. Custo: 8,15 €/usuario/a ou membro de grupo ao mes.

 

Máis información: OMIX de Narón no 1º andar do Concello de Narón (Servizo Sociocomunitario), no teléfono 981337700 EXT 1103/1111 ou nos correos electrónicos: omix@naron.es ou m.pita@naron.es

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar