Acción de Verán da Xunta: Campaña de Verán 2020

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Accion_veran.PNG

Aberto o prazo para os Campos de Voluntariado e os Campamentos Específicos para persoas con discapacidade que forman parte da Campaña de Verán 2020 da Xunta.

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Consellería de Política Social pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2020.

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do Covid-19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas  que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo. Así, a oferta comprenderá actividades para desenvolver en Galicia, coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das rateos monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

CAMPOS DE VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2020 un total de 29 campos de voluntariado para maiores de 18 anos por todo o territorio galego, campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da Covid-19.

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc. 

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de educación non formal para o tempo de lecer dos mozos e mozas como os campos de voluntariado, que lles van permitir beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de convivencia, compromiso e participación social.

A deste ano será unha edición atípica da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, e, por ende, dos campos de voluntariado enmarcados nela, que presentan as seguintes novidades:

  • Serán campos de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia.
  • A convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico.
  • As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.
Onte, día 25 de xuño, ás 16:00, abriuse o formulario para solicitar praza nos Campos de Voluntariado. As prazas adxudicaranse por orde de entrada.

 

Información do Programa 2020:

 

CAMPAMENTOS ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Pode consultarse a convocatoria aquí (finaliza o día 30 de xuño).

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar