A alcaldesa e a concelleira de Formación entregaron máis de 170 diplomas de nove accións formativas impulsadas a través do Concello

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Entrega_2018.jpg

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, participaron no acto convocado o pasado 2 de febreiro para entregar un total de 172 diplomas ao alumnado de nove accións formativas –tres delas con dúas edicións- impulsadas a través do Programa Municipal de Formación e Cemit.

A cita tivo llugar o pasado 2 de febreiro, comezando ás 12.00 horas nas instalacións do Auditorio municipal. Tanto a rexedora local como a edil naronesa felicitaron a tódalas persoas que participaron nestas accións formativas, que supuxeron un importante investimento ás arcas municipais e un total de 1.180 horas de formación, tal e como destacaron.

Na área de Formación impartíronse a finais do pasado ano cursos de Autoemprego, Mellora da Empregabilidade, Preparación de Competencias Clave (nivel 2), Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos, Primeiros Auxilios, Traballos en Altura e Verticais –dúas edicións- e Carnizaría. Nestas accións participaron 124 persoas e, en conxunto, implicaron 700 horas de formación. No que respecta á inserción laboral, Hermida subliñou o elevado nivel que se alcanza nalgunhas destas accións, como Carnizaría, que alcanzou o 46%.

En canto aos cursos Cemit, impartíronse os de Ofimática e Márketing en liña. Deseña e promociona a túa web, ambos con dúas edicións e tamén impartidos nos últimos meses do pasado ano. Foron un total de 48 alumnas e alumnos os que realizaron estes cursos, cuxo cómputo total de horas ascendeu a 480.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar