Alumnado do colexio Santiago Apóstol participou hoxe na primeira visita guiada deste ano ao Concello

Versión para impresoraEnviar a un amigo
santiago.jpg

Unha vintena de alumnas e alumnos de F.P. do colexio Santiago Apóstol de Narón participou esta mañá na primeira das visitas guiadas deste ano ao Concello organizadas desde o Servizo Sociocomunitario Municipal.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu ás rapazas e rapaces no salón de plenos, donde contestou a tódalas preguntas que, un por un, lle foron formulando. Como asume o cargo, se se vai presentar ás próximas eleccións como candidata, que grupos políticos forman a corporación local e o funcionamento da administración foron algunhas das cuestións polas que se interesaron os estudantes naroneses.

Antes de reunirse no salón de plenos coa rexedora local os rapaces e rapazas visitaron algunhas dependencias municipais, como a zona do Rexistro municipal, as oficinas da Policía local e o arquivo, entre outras, donde tiveron a oportunidade de coñecer tamén o seu funcionamento.

Este programa de visitas guiadas ao Concello continuará desenvolvéndose mañá, cando está prevista a visita de vinte e cinco alumnas e alumnos de educación Infantil do colexio Virxe do Mar, sobre as 10.00 horas. Os días 20 e 27 de febreiro será o turno de escolares de Infantil dos colexios Jorge Juan e Ponte de Xuvia.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar