Alumnado dos grupos de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura levará un repertorio de panxoliñas ás escolas infantís

Versión para impresoraEnviar a un amigo
background-2909020_640R.jpg

O alumnado dos grupos de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura de Narón será o encargado de levar un ano máis ás escolas infantís do municipio un amplo repertorio de panxoliñas propias do Nadal. O obxectivo desta proposta é “aprenderlles aos nenos e nenas unha serie de cancións tradicionais galegas de Nadal, no que constitúe unha proposta lúdica pero ao mesmo formativa en canto á conservación das nosas tradicións”, apuntou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.

A edil explicou que a actividade se desenvolverá mañá ás 17.30 horas na Escola Infantil Municipal da Gándara; o mércores día 19 deste mes ás 10.30 horas no centro de A Galiña Azul de Xuvia; e finalmente o día 21 ás 10.00 na EIM da Solaina e ás 17.30 na de Piñeiros.

Taibo recalcou que esta proposta enmárcase no programa Apego, que fomenta a socialización en galego desde a primeira infancia. Así mesmo, recordou que esta iniciativa municipal se remonta ao ano 2015, cando os alumnos e alumnas de Canto e Pandeireta do Padroado da Cultura se animaron a participar no que constitúe “unha actividade que avoga pola transmisión interxeracional da cultura e da lingua galegas”.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar