Alumnado dos IES das Telleiras e Terra de Trasancos e do CPI do Feal participará en Obradoiros de regueifas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R-Obradoiro de regueifas As Telleiras.jpg

Alumnos e alumnas dos institutos de As Telleiras e Terra de Trasancos e do CPI do Feal participarán este mes nuns Obradoiros de regueifas impulsados a través da Concellería de Ensino, que preside a edil Mercedes Taibo. As primeiras sesións programáronse no IES As Telleiras, donde tres grupos de cuarto curso da ESO se implicaron hoxe nesta iniciativa en dúas quendas, de 8.30 a 10.10 e de 10.30 a 12.10 e mañá será o turno do terceiro grupo, no mesmo centro, de 8.30 a 10.10, tal e como avanzou a edil.

A continuación os Obradoiros de regueifas impartiranse tamén no CPI do Feal, donde participarán tres grupos de primeiro curso da ESO. O primeiro deles faráo o mércores día 20, en horario de 10.30 a 12.00 e os dous restantes o día 21 deste mes, de 8.55 a 10.30 e desde as 10.30 ata as 12.00.

Por último, no IES Terra de Trasancos levaranse a cabo con catro grupos, dous de primeiro da ESO e outros dous de segundo da ESO. O xoves día 28, entre as 8.30 e as 10.10 participarán dous grupos de primeiro da ESO e de 10.30 a 12.10 os outros dous, de segundo da ESO.

A concelleira de Ensino explicou que o obxectivo desta iniciativa é “dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade, impulsando o patrimonio da nosa cultura e familiarizando aos mozos e mozas coas regueifas, unha manifestación popular cunha técnica baseada en elementos poéticos, musicais e teatrais”. A estrofa, a rima, a tonada, o verso e a musicalidade, características todas elas das regueifas, forman parte do traballo a realizar nestes obradoiros, que teñen unha duración de hora e media.

Unha recoñecida regueifeira da asociación Oral de Galicia, Guadalupe Blanco, é a encargada de impartir estes obradoiros, “cunha primeira explicación teórica e dun xeito moi práctico, dinámico e participativo que permite que os alumnos e alumnas practiquen métodos de improvisación propios destas disputas dialécticas en verso, podendo amosar así a súa creatividade”, tal e como explicou Taibo.

A concelleira de Ensino recordou que esta iniciativa xa se levou a cabo con éxito en abril do pasado ano nos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos, donde obtiveron unha moi boa acollida entre o alumnado. 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar