As Escolas Culturais Municipais de Narón amplían unha semana o prazo de matrícula

Versión para impresoraEnviar a un amigo
zanfona.jpg

As persoas interesadas en matricularse nas Escolas Culturais Municipais dispoñen dunha semana máis de prazo para tramitar as súas solicitudes. O período para anotarse amplíase ata o vindeiro 13 de outubro.

INSCRICIÓNS

  1. As matrículas pódense formalizar nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres, en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas, e o sábado de 10.00 a 13.00, presentando o DNI da persoa interesada e aboando a correspondente taxa. 

A elevada demanda de prazas levou ao Padroado da Cultura a ampliar o horario de matriculación nas seguintes escolas:

  1. Escolas tradicionais: Danza, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto e pandeireta, Zanfona, Construción de instrumentos e en O Recuncho dos Pequechos. 
  2. Escolas Artísticas: Debuxo e Teatro.
  3. E na Escola de Formación Actoral.
PREZOS

As persoas interesadas en consultar as tarifas das Escolas Culturais Municipais poden facelo a través do enlace:

MÁIS INFORMACIÓN

Para obter máis información pódese chamar ao Pazo da Cultura, ao número de teléfono 981 391 144 ou escribir un correo electrónico á dirección: d.canovas@naron.es.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar