Como atopar os billetes de avión máis baratos?

Versión para impresoraEnviar a un amigoPDF version
avion.jpg

Seguro que adicaches moitas horas a buscar os mellores prezos para voar, consultando páxinas web e visitando axencias de viaxe. Dous economistas Makoto Watanabe e Marc Möller adicaron o seu tempo a razoar e calcular unha fórmula matemática que nos permita reservar e conseguir a viaxe máis barata. Segundo publicaron, teñen a fórmula que permite atopar a data máis económica para viaxar onde desexamos: BA = gUG + min(k - g, (1 - g)(1 - r)).

A hipótese de partida é que, por unha banda os prezos crecen segundo se achega a data do voo e por outro, que as compañías premian con boas tarifas a quen se arrisca a reservar con moito tempo de antelación, sen saber se algo impedirá a viaxe. Tras aplicar a fórmula conclúen que o prezo máis económico atoparémolo 8 semanas antes e reservando pola tarde, xa que pola mañá contrátanse as viaxes de negocios e as aerolíneas non rebaixan os prezos.

Algúns cren que a fórmula é demasiado simplista aínda que se hai algunhas recomendacións que nos poden axudar a buscar os prezos máis baratos.

En primeiro lugar os prezos varían segundo a tempada, as promocións, os lanzamentos de novas rutas e a oferta. Nos voos low-cost é certo que soben os prezos segundo achégase a data de saída, pero nos regulares non está tan claro.

Elixir datas fóra das vacacións escolares entre semana, e viaxar xusto ao finalizar a tempada alta porque as compañías tentan manter a ocupación á conta de baixar os prezos.

Os voos con escala poden rebaixar moito o prezo a cambio dun par de horas máis de viaxe, e consultar os prezos para dous traxectos sinxelos, comparándoos cun ida e volta.

Aínda que algún destes consellos sexa certo seguro que seguiremos perdendo tempo buscando choios na rede :)

 
xunta de galicia consellería de traballo e benestar