Axenda do 18 ao 19 de xaneiro

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Axenda.png

Consulta información sobre os eventos culturais que terán lugar esta fin de semana: data e hora, lugar e contidos. ¡Non che perdas estas citas que che propoñemos!

 

Sábado 18 de xaneiro de 2020

Actividade: Metalmanía Family Sessions

Hora: 17.30

Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acollerá este espectáculo, dirixido a público familiar e infantil. Tertulia Producciones trae a Narón o máis veterano tributo á banda Metallica (case vinte anos de experiencia sobre os escenarios e máis de 600 concertos). O espectáculo ten unha duración aproximada de dúas horas e as entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroaodecultura.es.

 

Domingo 19 de xaneiro de 2020

Actividade: I Trofeo de Traiñeiras Cidade de Narón-Granxa O  Coto

Hora: A partir das 11.00

Lugar: Saída e meta na enseada da Gándara (inmediacións das instalacións do Club de Remo Narón)

Un total trece traiñeiras participarán na primeira edición deste trofeo, organizado polo Club de Remo Narón e no que colabora o Concello. A maiores do Club de Remo Narón acudirán deportistas dos clubs da Cabana, Mugardos, Perillo, Vilaxoán, Mera, Cedeira, Ares e Castropol. A distancia a percorrer será de 5.500 metros.

Actividade: Lambetadas

Hora: 18.00

Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Talía Teatro subirase ao escenario do Pazo para representar esta obra teatral, que terá unha duración aproximada de 45 minutos. Esta peza diríxese a público familiar e infantil (a partir de 6 anos) e ten entre os seus obxectivos fomentar a transmisión da cultura galega. As entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar