Axudas para actividades piloto COVID19

Versión para impresoraEnviar a un amigo
b47e28f8f2cdbfa449ceec90f1fe7186_XL.jpg

A European Youth Foundation (EYF) lanzou unha chamada especial para organizacións de mozos e mozas que están a buscar financiamento para as actividades que demostran a solidariedade e o apoio a todas as persoas afectadas pola crise COVID-19.

Unha actividade piloto é unha "intervención", é dicir, unha actividade que aborda un desafío social contextual que afecta á mocidade a nivel local.

Debe basearse na innovación ou na replicación das mellores prácticas. Estas actividades deben ter vínculos claros e un impacto no contexto local.

Darase prioridade ás actividades piloto que teñan como obxectivo:

 

  • Chegar e apoiar a grupos de persoas particularmente vulnerables, como persoas sen fogar, refuxiados e solicitantes de asilo, persoas con discapacidade, persoas que viven en illamento ou en comunidades remotas.
  • Apoio a servizos sanitarios, sociais e educativos,
  • Educación e sensibilización sobre a importancia dos dereitos humanos nas respostas á crise COVID-19.

 

Todas as actividades experimentais deben respectar as medidas sanitarias e de seguridade establecidos polas autoridades competentes a nivel nacional e /ou local.

Ademais, recoméndase encarecidamente ás organizacións xuvenís que coordinen as súas actividades coas autoridades competentes e que o indiquen na súa proposta de proxecto.

Quen pode solicitar?

Organizacións xuvenís non gobernamentais internacionais , redes internacionais de ONG xuvenís, redes rexionais de ONG xuvenís, organizacións xuvenís non gobernamentais nacionais .

As organizacións xuvenís poden enviar solicitudes só se están rexistradas na European Youth Foundation.

A subvención máxima asignada é de 10.000 €.

Prazos

A última data límite foi o 22 de xuño, pero as solicitudes poden presentarse ao longo de 2020, xa que se definirán datas límites posteriores máis adiante ao longo do ano, para permitir o estudo desas novas solicitudes e decisións sobre subvencións.

MÁIS INFORMACIÓN

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar