A Biblioteca municipal acolleu o pasado sábado o acto de distinción dos dez “Usuarios e usuarias de Honra 2020”

Versión para impresoraEnviar a un amigo
BIBLIOTECA MUNICIPAL - ALTO DO CASTIÑEIRO -NARÓN-.JPG

O acto, presidido pola delegada de Ensino e Bibliotecas, acolleu a entrega de diplomas ás dez usuarias e usuarios nomeados "de honra" en dúas categorías.

A Biblioteca municipal do Alto acolleu o pasado sábado o acto de distinción dos dez “Usuarios e usuarias de Honra 2020” das instalacións con motivo da celebración do Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro. 

“Éste é un acto moi importante para a Biblioteca municipal porque todos os veciños e veciñas de Narón son fundamentais para este servizo, e con este evento quérese recoñecer dende o Concello a activa participación e implicación destas persoas nas diferentes propostas impulsadas e desenvolvidas a través deste servizo”, segundo manifestou a concelleira delegada da área de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, quen presidiu a convocatoria que se iniciou ás 12.00 horase na que se fixo entrega dos diplomas acreditativos e uns pequenos agasallos institucionais ás persoas homenaxeadas. 

Os cinco usuarios/as infantís que foron nomeados Usuarios/as de honra 2020 son:

  • Samuel López Rodríguez
  • Alicia Filgueira Pazos
  • Briana Rodríguez García
  • Carolina González Rodeiro
  • Anxo Morado García 

 

Os cinco Usuarios/as adultos que foron nomeados Usuarios/as de honra 2020 son:

  • Nuria Díaz Bravo
  • Elisabeth Martínez Serantes
  • José Trancón Ávila
  • Consuelo Castro Rodríguez
  • Antonio Méndez Pérez

 

A biblioteca municipal comezou a funcionar no ano 1986 no actual edificio da Casa da Cultura – nas inmediacións da estrada de Castela – e no ano 2003 inauguráronse as actuais instalacións, localizadas na rúa 25 de Xullo, a escasos metros do Concello. Na actualidade, arredor de dez mil persoas teñen a Biblioteca pública municipal de Narón como biblioteca de referencia; neste servizo ofrécese a posibilidade de lectura en sala, formación a usuarios e usuarias, préstamo a domicilio e hemeroteca, entre moitos outros.

O horario de apertura das instalacións durante a tempada de inverno é de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar