Campamentos de verán 2018

Versión para impresoraEnviar a un amigo
vive.jpg

Servizos ofertados:

  1. Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
  2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  3. Manutención en réxime de pensión completa.
  4. O material necesario para a actividade.
  5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  7. Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 15:00 e as 17:00 horas.

Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas galegas residentes en Galicia. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

Quendas dos Campamentos de Verán: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180425/AnuncioG0425-170418-0007_gl.pdf#page=16

Idades

En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte:

  • As persoas nacidas no ano 2000 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

Discapacidades:

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

  • Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar. 
  • Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa. 
  • Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.

Adxudicación das prazas 

  • Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. 
  • Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

Solicitudes:

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:

  1. Solicitude individual:  procedemento BS303A.
  2. Solicitude múltiple:  procedemento BS303F.

Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:

  1. procedemento BS303G  para solicitude individual
  2. procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.

Prezo:

Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% 

As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 18 de maio de 2018

Máis información no DOG do 25 de abril de 2018: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar