"Cardioescola", o novo proxecto de prevención cardiovascular infantil preséntase mañá en Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
cardioescola.jpg

Entre os actos que se organizan en Narón pola Semana do Corazón 2017 está a presentación do proxecto "Cardioescola", enmarcada nas xornadas "Mulleres en vermello" nas que se aposta por concienciar á cidadanía sobre as enfermidades cardiovasculares. Estas xornadas están organizadas por AMICOR coa colaboración do Concello de Narón. 

"Cardioescola" será presentado mañá 29 de setembro polo médico Carlos Piñeiro, presidente de AMICOR, a partir das 18:00 horas nas instalacións do Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia. Piñeiro avanzou que “Cardioescola” é “o mellor proxecto de Galicia, con diferencia, en materia de prevención vascular infantil” e explicou que se traballará coa poboación infantil de Narón sobre os hábitos e estilos de vida saudables.

Ademais da presentación de "Cardioescola":

  1. Despois da presentación do proxecto dará comezo unha conferencia cardiovascular na que participarán a cardióloga Marisol Bravo, a matrona Natalia Pérez e o doutor Emiliano Fernández. 
  2. A música formará tamén parte desta convocatoria, que contará coa actuación do solista e compositor Carlos Mella e haberá un apartado dedicado ao baile, nesta ocasión de salón, a cargo de dous grupos infantís da Escola de Baile Tedaga.

Pasarela solidaria

As xornadas “Mulleres en vermello” contarán de novo cunha pasarela solidaria a favor do Centro de Recursos Solidarios de Narón. Participarán na mesma socias de Amicor, de Dignidade e outras persoas voluntarias, que se subirán ao escenario para desfilar vestidas de vermello con roupa de establecementos colaboradores e tamén de particulares. Desde a organización recordouse que as persoas que queiran acudir ao desfile solidario terán que entregar na entrada do Auditorio un quilo de alimentos non perecedeiros, que se doará ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, como cada ano. Ao respecto, Conrado Vilela, que agradeceu a colaboración do Concello, puntualizou que tamén se pode doar roupa, calzado e, sobre todo, incidiu na escasez de artículos de alimentación e hixiene para bebés.

Tralo desfile actuarán o solista e compositor Xoán Rubia, a tamén solista Layla e haberá unha exhibición de baile de dúas parellas sénior da Escola Tedaga e unha actuación de baile do grupo Coredance do Val.

Dopico asegurou que o obxectivo desta xornada é “informar e educar ás mulleres sobre as enfermidades cardiovasculares, para o que programamos a conferencia na que participarán varios especialistas sanitarios, co fin de que indiquen medidas de prevención e tamén para detectar posibles síntomas desta enfermidade, para así poder diagnosticala a tempo e indicar o tratamento máis axeitado en cada caso”. O edil naronés animou á veciñanza a asistir a estas xornadas “informativas e, ao tempo, solidarias”.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar