A compañía teatral Elefante Elegante representará o vindeiro domingo no Pazo a obra Danza da choiva

Versión para impresoraEnviar a un amigo
hansel-and-gretel-677504_640R.jpg

O teatro, a danza e os monicreques cobrarán especial protagonismo no espectáculo Danza da choiva, que o vindeiro domingo, día 20, representará no Pazo da Cultura a compañía Elefante Elegante. María Torres e Gonçalo Guerreiro darán vida a este espectáculo de teatro xestual, tamén escrito, dirixido e adaptado por eles. A cita será a partir das 18.00 horas e as entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

A obra Danza da choiva gañou no ano 2017 o premio María Casares ao Mellor espectáculo infantil. A peza divirte ao público familiar e infantil –a partir de 3 anos- cunha proposta na que se analiza o que acontecería se deixa de chover para sempre. María Torres e Gonçalo Guerreiro recollen verduras da horta e espantan un bando de paxaros que lles quere comer sementes que plantaron. Prepáranse para regar pero decátanse de que non teñen auga e esperan pero nunca chove, quedando deserto e seco o lugar no que traballan ata que bailan esperanzados unha danza da choiva.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar