A Concellería de Formación abre hoxe luns o prazo de inscrición en tres novas accións formativas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
DMTK_estudiantes_curso.jpg

O Concello convoca catro novas accións formativas dirixidas nesta ocasión a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e desempregadas. A concelleira responsable da área, Natalia Hermida, avanzou que hoxe luns, día 15, ábrese o prazo de inscrición nestes cursos, sobre: Medio Ambiente e PRL Sector Naval, Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos, Primeiros auxilios, e Traballos en altura e verticais con vinte prazas en cada un dos tres primeiros e doce no último. “O Concello programa ao longo do ano unha ampla e variada oferta formativa dirixida a diferentes colectivos e, na actualidade, estamos xa traballando nos cursos que se celebrarán ao longo do vindeiro 2019”, indicou Hermida.

O curso de Traballos en altura e verticais impartirase entre o 5 e o 16 de novembro e o de Medio ambiente e PRL sector naval do 19 de novembro ao 22 do mesmo mes. 

O curso de Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos e o de Primeiros auxilios desenvolverase nunha xornada única, o día 3 de decembro e día 10 respectivamente,con 5 horas de formación cada un deles.

En todos os casos trátase de accións formativas, tal e como apuntou Hermida, que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 26 de outubro e o lugar de presentación das mesmas é no Rexistro Xeral do Concello –en horario de 8.30 a 13.30-, donde se pode obter, ademais de a través de na Sede Electrónica, o formulario de solicitude. Tamén se poden presentar as instancias nos rexistros especificados na Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 377 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 e 1107). A información sobre o procedemento pode tamén consultarse na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/novasAccionsFormativas.pdf.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar