Concha Velasco e Jordi Rebellón representarán este sábado no Pazo da Cultura a obra El funeral

Versión para impresoraEnviar a un amigo
personR-695654_640.jpg
A actriz Concha Velasco e o actor Jordi Rebellón encabezan o elenco da obra El funeral, que a compañía Pentación Espectáculos representará este sábado, día 22, no Pazo da Cultura. A cita será a partir das 20.00 horas e as últimas entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
A obra de teatro El funeral está centrada nunha importante figura do cinema, teatro e televisión en España, Lucrecia Conti, á que o Ministerio de Cultura lle organiza un velorio nun gran teatro a modo de despedida tralo seu falecemento. Os familiares da defunta reciben numerosas condolencias e a historia cambiará cando todos os alí presentes queden pechados no teatro e se lles apareza a pantasma de Lucrecia, que se quere despedir deles.
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar