Concurso de deseño: Debuxa un dereito dos nenos e das nenas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
niño.jpg

Este é un premio convocado pola Dirección Xeral de Xustiza, Liberdade e Seguridade da Comisión Europea, que co eslogan "Debúxame un dereito" queren que os mozos e mozas europeos deseñen un póster tamaño A2 (42x59 cm) que reflexe un dos dereitos reflectidos na Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno.

Os participantes competirán  en grupos de 4 e cun adulto responsable, en dúas categorías:
  • Entre 10 e 14 anos
  • Entre 15 e 18
O póster, xunto co formulario de inscripción, debe ser entregado, a máis tardar, o venres 19 de marzo de 2010. Tedes que envialo cuns días de antelación a dita data posto que o que conta é a data de recepción do mesmo e non a do envío. Lembra non dobralo, senón envialo nun tubo ou nunha cartulina.
Podes atopar máis información nas seguintes ligazóns www.europajovenes.eu e www.xuventude.net/xuventude/expresate
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar