Conecta con Galicia

Versión para impresoraEnviar a un amigo
walkers-1563872_640.jpg

Convócanse 174 prazas, para mozos e mozas residentes fóra de Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos. Haberá dúas quendas de 12 días no mes de xullo.

A convocatoria desenvolverase en residencias e albergues xuvenís situados en Galicia para as seguintes actividades:

  1. Cultura e camiño. 6 días. Preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense. Actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrerán o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela. 
  2. O mar de Galicia. 6 días restantes en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña). Actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.

Queres participar? O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2018. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930A. Estes son os requerimentos:

  • Residencia habitual fóra de Galicia.
  • Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
  • Ter nacionalidade española.
  • Estar vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aquelas persoas solicitantes que teñan 18 ou máis anos. Este requisito non será exixible aos participantes procedentes do resto de España.
  • As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2018, unha idade comprendida entre os 14 e os 20 anos.
  • Non ter participado en edicións anteriores deste programa.

Para as prazas financiadas ao 100 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán contar con ingresos superiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia. Para as prazas financiadas ao 50 % da axuda da viaxe, as persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional no país de residencia.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar