Convocatoria de subvencións para proxectos de ONGD galegas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
FondoGalego.jpg

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade mantén aberta ata o 22 de xullo unha convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación ao desenvolvemento impulsados por ONGD galegas ou con sede en Galicia.

A iniciativa está dotada, en conxunto, con 150.000 euros, unha contía que se incrementa nun 50% con respecto á anterior convocatoria, do ano 2014.

Con cargo a esta partida financiaranse actuacións de entre un ou dous anos de duración e que deben comezar o 1 de xaneiro de 2018, se ben o importe máximo a conceder por proxecto é de 50.000 euros, podendo presentar cada entidade un máximo de dous, tal e como se indicou desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As ONGD que presenten as súas propostas deberán contar con presenza en Galicia desde alomenos hai dous anos e ter unha experiencia mínima de doce meses no país e no sector de actuación.

A Secretaría técnica do Fondo Galego e a Comisión Avaliadora de proxectos –integrada por cinco representantes técnicos de administracións locais e provinciais- encargaranse de analizar os proxectos presentados a esta convocatoria. 

Catalina García apuntou que desde o goberno local se informará, a través da Concellería de Participación Cidadá, á veciñanza sobre a existencia destas axudas. A edil animou ás ONGD que cumpran os requisitos establecidos a presentarse a esta convocatoria para que poidan materializar algún dos seus proxectos a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. 

As persoas interesadas en recibir máis información ao respecto e consultar as bases poden facelo a través da páxina: http://www.fondogalego.org/web/ano_2017_convocatoria.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar