Convocatoria Iniciativa Xove 2019

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R-youth-570881_640.jpg

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís,que se desenvolvan durante o ano 2019.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.

Os destinatarios/as son:

  • Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
  • As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.

Consulta a información e as bases no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15949-iniciativa-xove-2019

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar