NOVAS

Convocatoria Premios Nacionais de Xuventude 2017

Publicado o 30 de Agosto de 2017

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 26 de setembro de 2017 (incluído).

O Instituto de Xuventude convocou, na súa séptima edición, os Premios Nacionais de Xuventude co obxectivo de recoñecer e premiar a traxectoria, o esforzo e compromiso de mozos que están a desenvolver unha labor relevante en distintos ámbitos da sociedade, en concreto nas categorías que a continuación se enuncian e que serán premiadas cada unha delas cun premio único en metálico de 3.000€.

  • Iniciativas emprendedoras en materia de emprego.
  • Comunicación Intercultural.
  • Voluntariado.
  • Igualdade.

 

Os Premios Nacionais de Xuventude concédense a mozos e mozas que non superen os 30 anos de idade na data na que finalice o prazo de presentación das candidaturas.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 26 de setembro de 2017 (incluído).

A solicitude debe ser presentada pola organización ou entidade que presenta a candidatura do mozo ou moza proposto para o premio. Esta solicitude únicamente poderá ser presentada a través do Rexistro electrónico do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade mediante os formularios do Instituto de Xuventude, para o que é imprescindible ter un certificado electrónico da persoa xurídica que presenta a candidatura. Para incidencias técnicas relacionadas coa presentación electrónica remitir un correo a: cau-servicios@msssi.es

A solicitude e os anexos de participación desta convocatoria están dispoñibles na sede electrónica do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

   
Documento Tamaño
Resolución pola que se convocan os Premios Nacionais de Xuventude 2017 245.65 KB
Orde IGD/2655/2010, de 1 de outubro pola que se establecen as bases reguladoras 185.8 KB
Orde SPI/2962/2011, do 20 de outubro, pola que se modifica a Orde IGD/2655/2010, do 1 de outubro 141.42 KB