Creación Nova: axudas do Injuve

Versión para impresoraEnviar a un amigo
injuveona.jpg

O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo dos mozos/as creadores/as, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:

  •   Produción de obra.
  •   Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
  •   Emprendemento para a creación emerxente.
  •   Sala Amadís do Instituto da Mocidade.

Requisitos:

Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Produción de obra e Mobilidade de obra producida e/ou creadores, ou os 35 anos nos supostos de Emprendemento para a creación emerxente e Sala Amadís do Instituto da Mocidade, o día 31 de decembro do ano 2020.

Contía:

A contía individualizada das axudas será de 5.000 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e 7.000 € para o proxectos da Sala Amadís.

Documentación a aportar: 

  • Dossier do proxecto:  A descrición conceptual, técnica e de execución do proxecto; o calendario previsto de realización durante o ano 2020; o orzamento total estimado de execución do proxecto; e no seu caso, relación doutras axudas e subvencións solicitadas ou recibidas para o mesmo proxecto que se solicita a Axuda.
  • Cartas de aceptación ou invitación:  Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadores presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de exposicións, etc. na que se queira realizar o proxecto. Nos casos de produción de obra nos que se teña convida unha exposición, edición, representación, etc. achegarase tamén a carta de compromiso.
  • Dossier de traballos realizados:  Poderanse incluír enlaces web para o  visionado das obras, perfís de redes sociais, ou calquera outro medio no que se poidan consultar os traballos realizados.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xullo de 2020.

Máis información no BOE do 12 de xuño de 2020 e en www.injuve.es

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar